A Banda de Música municipal de Celanova

Edita:Deputación Provincial de Ourense

Promove:Concello de Celanova - Concellería de Cultura

Participa: Sociedade de Amigos da Banda de Música de Celanova

Texto:Antonio Piñeiro

 

O Xurdimento

No verán de 1850 a corporación municipal que gobernaba naquel Intre o Concello de Celanova e que estaba presidida por Xosé Benito Reza, resolve adquirir unha vintena de instrumentos que serían destinados para a "música municipal" e que lle suporían ás arcas un desembolso de 2.964 reas, completado ó pouco tempo con 220 máis que lle quedaran debidos ó director da mesma.

Nacía así unha longa historia de irmandade e de interrelación dual entre o Concello de Celanova e a música popular. Unha historia que tiña contado xa uns anos denantes cun precedente instrumental máis enxebre, xa que logo co gallo dunha visita anterga do señor Bispo a Celanova quedaba patente como o alcalde Xosé Benito Reza aproveitou a uns gaiteiros denominados "gaiteiros da alcaldía" para darlle a benvida e animar os actos festivos que con tal motivo organizou o Concello.

Ese tiña sido ata aquel momento o único recurso co que contaba o pobo para amenizar as festas e romarías e acompañar musicalmente os actos oficiais. Un recurso que, anque tradicional, non deixaba de ser pobre para unha vila que estaba a experimentar un grande pulo urbano e que desexaba contar entre as máis importantes da provincia, logo, que 13 anos atrás a política desamortizadora do Marques de Mendizábal lle outorgara en propiedade o vello edificio bieito ó Concello e lle ofrecera unhas esperanzadoras posibilidades comerciais que evolucionarían rapidamente.

Manuel Chamuchín, un músico afincado en Celanova, é en quen recae o traballo de coordinación destes primeiros, e incluso rudimentarios, azos musicais da corporación municipal, ó ser contratado como "mestre de música".

Así, ademais de investir unha cantidade relativamente importante na adquisición do instrumental, hai que sinalar que o orzamento municipal durante aqueles anos non excedía moito dos 300 mil reas, o 1 de setembro de 1.850 a corporación faise eco da necesidade de abonarlle ó colectivo unha cantidade polo traballo desenvolvido na "función" do San Roque, comezando tamén así a exercer un papel de protector, que non seria concretado, sen embargo ata moitos anos máis tarde coa sinatura dun convenio entre ámbalas dúas partes.

A finais de 1.851, ano e medio despois do seu nacemento, o colectivo musical ve, nembargantes como nacen tamén as primeiras dificultades financeiras na súa relación co Concello e, polo tanto, coas distintas corporacións que se foron sucedendo ó longo da historia.

De tal xeito os mesmos gobernantes que acordaran crear o colectivo no mes de agosto de 1.850, a principios de decembro de 1.851 denuncian as estreiteces económicas que están a pasar as arcas municipais e, comezando a exercer unha política de recorte nos gastos, pensan en suspender a asignación que lle estaba adxudicada ó mestre de música, tentando por así un prematuro punto final a unha iniciativa, que despois de ter nacido con grandes esperanzas para o ambiente cultural do pobo, empezaba a lle quedar grande a un Concello abafado pola carencia de ingresos e po las obrigas impositivas que lle asignaba a Administración de Facenda.

O acordo, sen embargo para ben duns e doutros, non se fixo efectivo. Dúas semanas despois de telo decidido, a corporación faise eco de que "los alumnos todavia lo necesitan" e prorróganlle o salario a Manuel Chamunchín por un novo prazo de dous anos. Se ben, segundo reflexa a acta municipal do 21 dese mesmo mes de decembro, a corporación, reunida en pleno co Xuíz de Primeira Instancia do Partido, o Comandante titular Manuel María Puga, o Administrador, de Rendas Xosé Pobadura, considera que, dado que os alumnos son os máis directamente beneficiados coa ensinanza da música, deberían facerse participes do mantemento do director.

Para elo, toma a seguinte decisión: "que una vez los alumnos de música necesitan aún de diferentes lecciones y la enseñanza o dedicación de uno de éllos al instrumento llamado figle, del que aquella carece, y en atención a los pocos fondos con que cuenta el Ayuntamiento se espontanéan los indicados señores de entregar al maestro, don Manuel Chamuchín desde primero de enero, la cantidad de diez reales mensuales cada uno, y lo que reste al completo de los doscientos cuarenta se le satisfagan de los fondos públicos".

Aquela formación musical dos primeiros pasos pouco tiña que ver coa imaxe que hoxe temos da actual Banda Municipal, xa que logo, aínda que o Concello posuía 20 instrumentos, os seus compoñentes non pasaban dunha ducia e incluso había algún instrumento como era o anteriormente nomeado figle, que nin tiña músicos que o entendesen.

O labor docente perante a escola de educandos, a dirección musical de Manuel Chamuchín e a súa relación co Concello chegan ata o mes de xuño de 1.858, non sen denantes ter sufrido unha nova regularización no seu salario mensual a raíz de diversas "súplicas" feitas polos pais e os propios alumnos da "orquesta". A corporación asígnalle un novo salario de 4 reas diarios que se han de sumar ás contribucións feitas polos devanditos alumnos.

O seu substituto no cargo é Xenaro Durán, quen resultará máis económico para o Concello logo que o salario que se lle asigna dende esta institución é de 1 real diario incrementado a finais do ano a 1,5 reas.

Dous serían os anos que duraría Xenaro Durán o fronte dos alumnos de música, sendo sucedido por Camilo Burdeos a finais do 55, quen mantén este o mesmo salario de 1,5 reas do anterior.

Pero os problemas económicos do Concello seguen crecendo. Son anos difíciles nos que as necesidades cotiáns do municipio transcenden ás súas propias posibilidades económicas, polo que a conservación da escola de educandos pasa a formar parte dun segundo plano da política municipal, o que non obsta, sen embargo, para que o mestre vise incrementado o seu "paupérrimo" salario diario en medio real.

Así, en abril de 1.857, con Xosé Benito Reza novamente na alcaldía, logo de diversas e intensas variacións na cúpula municipal que chegaron a ser incluso 3 ó longo do ano 56, a praza de director recae de forma gratuíta no oficial da Xunta do Partido Xudicial, Higinio Gil.

Con el de director e xa sen o abafo económico que producía o ter que manter o salario do mestre, semella que a Banda volve a vivir anos de renacemento. Constituída por 16 membros, unha ducia deles participan na procesión de Semana Santa dese mesmo ano e mesmo de premio a corporación acorda adquirirlle outros tantos atrís para facilitarlle a lectura da música.

                                                                                                                                             O desexado rexurdimento non duraría, sen embargo, moito tempo, pois dende o mes de xaneiro do 58 ata marzo do 63 non se volve ter constancia do seu funcionamento A derradeira actuación reseñada tivo lugar con motivo da festa que organizou o Concello para celebrar a presentación que a Súa Maxestade Isabel II fixo do Príncipe de Asturias no templo de Átocha dous meses despois de ter nacido. Nesta celebración de benvida dos pobos de España ó novo monarca a Banda amenizou a xornada polas principais rúas da vila e participou nun baile que duraría ata a inusual hora das 4 da madrugada.

Unha disolución temporal e unha nova recuperación

O falecemento de Higinio Gil, acontecido eu 1.861, e a partida da meirande parte dos mozos rumbo a guerra de África foron, a bo seguro, os parámetros que marcaron esa disolución temporal que foi xustificada pola corporación municipal "por haber pasado al servido de las armas la mayor parte de los alumnos".

Tivo que ser unha nova volta de Xosé Benito Reza alcaldía a que promovese unha segunda recuperación do colectivo, logo de que o 29 de marzo do 63 o rexedor RamónPrieto, significado responsable municipal por ser el o encargado de organizar, ano tras ano, a festividade de San Roque, presentase unha proposta para volver a crear a "orquesta municipal".

Esta proposta foi aceptada pola totalidade do grupo municipal e razoada en base a que distintos festexos que celebraba o Concello esencialmente as festas das Marzas e do San Roque, estábanlle a ocasionar excesivos gastos ás arcas municipais ó ter que contratar orquestras procedentes de diversos puntos do Partido Xudicial, cos que podería manterse perfectamente un colectivo que xa tiña sido creado.

Coa este fin, o mesmo día acordase a contratación do mestre de música Manuel Sánchez para que se faga cargo da devandita orquestra, facéndolle efectivo un salario diario de 8 reas, que viñan a significar o dobre dos que gañaban os seus predecesores no cargo. Neste senso compre salientar que normalmente estes profesores impartían tamén clases particulares de música a alumnos que non ían formar parte do colectivo musical, polo que a asignación municipal viña a ser, cando menos, un complemento.

Constitúese de tal xeito a nova Banda, que ía estar composta no seu primeiro renacemento, por 10 membros. Oito deles serían escollidos de entre a xente pobre do municipio e aproveitarían os instrumentos que estaban almacenados no Concello. Os outros dous que desexasen participar na reconstrucción da orquestra deberían adquirir os respectivos instrumentos pola súa conta.

En contraposición á. aprendizaxe á que teñen acceso estes 10 mozos, o conxunto estaba obrigado a tocar "sen retribución alguna teoricamente en todos los actos que la corporación los llame" durante un período de 6 anos, que son os que teoricamente duraba, naquel sistema de ensino, o perfeccionamento do instrumento. Isto ven a demostrar unha vez máis como a música neste tempo en Celanova no era producto de iniciativas espontáneas de afeccionados, senón obxecto dunha política corporativa de promoción cultural, que aínda que non levara o nome, si tiña polo tanto carácter municipal.

O tempo, así e todo, non tiña pasado en balde e pouco despois de teren iniciadas as clases, no mes de maio do mesmo ano a corporación faise eco de que os instrumentos que tiñan sido conservados probablemente sen moito tino na consistorial estaban inservibles. Pero, por riba de todo, o proxecto musical debía saír adiante e para elo encargáronlle ó coronel graduado de Infantería, Manuel Puga, que era calificado como "amigo de esta población" e, polo tanto, exercía de embaixador de Celanova en Santiago de Compostela, a adquisición dun cornetín en Si Bemol, dous trombóns de Do, un baixo ou bombardón, tres boquiñas para os clarinetes xa existentes, unha boquiña para un requinto 18 canas de clarinete e 6 canas de requinto. Corría daquela o mes de nadal de 1.868.

Con esta adquisición, que volve a supoñer un novo esforzo orzamentario da man do verdadeiro benefactor inicial da banda de música, o alcalde Xosé Benito Reza, vense superados os problemas relativos ó material, e o colectivo pasa a ser un grupo ben dotado instrumentalmente.

Seu embargo, cando a corporación tiña superados tódolos atrancos económicos que fixera fluctuar en anos anteriores a iniciativa, os problemas nacen agora da man dos propios alumnos, ó comezaren a abandonar paulatinamente as clases obrigatorias e a non asistir ós ensaios cotiáns que organiza o director Manuel Sánchez.

Tal deixadez e falta de interese nos mozos foi denunciada en varias ocasións polo director perante a corporación municipal. Isto fai que no mes de xuño do 65, cando non ían transcorridos aínda 2 anos dende a formalización do contrato de formación que tiña sido asinado por 6 anos, o alcalde Inocente Saavedra obriga a tódolos alumnos a personárense perante o pleno municipal.

Así, segundo se desprende da acta plenaria correspondente ó 11 de xuño de 1.865, á chamada acuden: "Manuel Feijóo, que toca el trombón de medio uso; Milucho Sánchez que toca otro trombón; Tomás Montes, encargado también de otro trombón; Manuel Toupa, encargado del bombardino nuevo; Castro Estévez, que toca el cornetín viejo; Genaro Feijóo, encargado del cornetín nuevo; Camilo Sánchez, del clarinete de medio uso; Leandro Estevez, que toca el clarinete viejo; Genaro Feijóo probablemente pai ou fillo do anterior, del flautín viejo; Camilo Pascual, vulsein; Juan Fernández, figle viejo y Manuel Pérez que toca el clavicol viejo", estando tamén presente evidentemente o mestre director, Manuel Sánchez sobre que se afirma "que conserva y toca el requinto y además tiene dos clarinetes sin valor".

Isto ven a demostrar que no ano 1.865, a Banda de música de Celanova estaba formada cando menos, por tres trombóns, un bombardino, dous cornetíns, dous clarinetes, un flautín, un figle, un clavicol, un requinto e un derradeiro instrumento descoñecido denominado, segundo se deduce da devandita acta, e da espigada e decimonónica letra do Secretario municipal, "Vulsein".            

O primeiro contrato

A partires de aquí volve a normalidade. A orquestra municipal sigue amenizando as festas de San Rosendo, de San Roque do Corpus, c de Semana Santa, ademais de todas aquelas celebracións esporádicas que organiza o Concello ó cabo do ano. O contrato remata no ano 69 e o bo funcionamento do colectivo anima á corporación presidida polo médico Manuel Vázquez Araujo a renovar o mesmo por outros dous anos.

Pero, como os precedentes antergos podían facer presaxiar unha volta ó pasado na responsabilidade propia dos compoñentes do colectivo, a corpo ración redacta un total de cinco puntos que ha rexer o novo contrato.

Estes puntos, que foron aprobados polo pleno da corporación o 19 de setembro de 1869, son so seguintes:

  1. O mestre director dará leccións de ensaio tódalas noites, recibindo 3 reas diarios.

  2. Os músicos terán a obriga de tocar tódolos festivos, durante dúas horas na alameda.

    • No inverno de 3 a 5 da tarde.

    • No verán dende o solpor ata as 10 da noite, cun acougo de un cuarto de hora.

    • Os músicos estarán obrigados a tocar en tódalas funcións que o Concello acorde.

    • Os compoñentes do colectivo poderán ausentarse do pobo, individual ou colectivamente, se a ausencia non pasa de 3 días, debendo ter sempre coñecemento de elo a corporación.

 

  1. O mestre de música e os demais membros do colectivo quedan liberados para exercer cargo algún de concelleiro, agás aqueles cargos que teñan carácter extraordinario.

Cabe subliñar con respecto a este derradeiro punto, que naqueles anos o cargo de concelleiro era obrigatorio para aqueles que resultaban elixidos e a súa renuncia debía estar solidamente razoada.

Este ven a ser, pois, o primeiro regulamento que liga dun xeito documental á Banda de Música co Concello de Celanova.

A sinatura deste convenio facía presaxiar unha nova etapa de florecemento do colectivo musical O Concello asegura unha amenización e un acompañamento para os seus actos oficiais e os compoñentes da banda aprendían gratuitamente a tocar un instrumento.

Sen embargo, o contrato documental que quixo facer Vázquez Araujo valeu de moi pouco, pois ós dous anos da súa sinatura a Banda volveu a desintegrarse novamente. En calquera caso, o tempo que aínda durou sería suficiente para que se fixese cargo da Banda un novo director que viría a sustituir a un Manuel Sánchez Iglesias a quen o Concello lle quedou adebedando durante unha longa tempada, algúns cartos. O seu sucesor foi Don Manuel Asensio Armada.

Os complicados anos da sucesión de Isabel II, trala revolución de finais do 68, non deixaban lugar para moitas músicas. Estes cambios, nos que se sucederon súpetamente a devandita revolución unha dictadura temporal e a elaboración dunha nova constitución, influíron ata tal punto nos pequenos e grandes municipios do Estado, que o de Celanova viviu durante o ano 1869 a sucesión de tres alcaldes diferentes.

O primeiro deles, Manuel Casais renunciou ó seu cargo por ter sido elixido deputado provincial. A renuncia faina en favor de César Álvarez, quen, logo da aprobación da Constitución e da aparición do movemento carlista, cedeulle o posto novamente a Vázquez Araujo, quen recuperaba así o bastón de mando do Concello.

Coa chegada do ano 1872, Celanova ve entrar no Concello a un cuarto alcalde. Era este o monárquico Xosé Estevez, quen, despois de considerar que os instrumentos estaban a se deteriorar dun xeito alarmante no almacén, ordena a súa pública subasta. Unha subasta que termina definitivamente con eles en abril do 74, cando son vendidos os últimos que lle quedaban.

Con anterioridade á disolución, o que fora director, Manuel Sánchez Iglesias, tiña librado unha particular batalla co alcalde César Álvarez, reclamándolle o salario que lle correspondía como responsable das clases de música e do colectivo orquestral celanovés. Corno vemos, unha vez máis eran os cartos e a pobre economía municipal a causante dos problemas dunha iniciativa que xamais deu cuallado con continuidade alén duns cantos anos seguidos.

Con esta venta pónselle remate á primeira parte da historia da Banda de Celanova, abrindo así un longo paréntese de silencio municipal de preto de 35 anos.

Ademais dos problemas políticos e dos continuos cambios de corporacións, especialmente de alcaldes, na desaparición da Banda de Música como ente auspiciado polo Concello, probablemente tivera moito que ver a chegada a Celanova do Colexio dos P. P. Escolapios, feito que aconteceu en 1868. Este colexio, que chegaría a situar o nome de Celanova entre os máis prestixiosos de todo Galicia en cuestión de ensino, ademais das asignaturas tradicionais, como un bo colexio relixioso que era, tamén impartía clases de música.

Eran tempos, estes, da primeira república. Tempos de desordes e guerriñas lideradas en Celanova por un tal Fuentes, e o Concello dabondo tiña con tentar para o avance subversivo do carlismo, para aínda ter que preocuparse de controlar e financiar unha actividade cultural coma a da música, que non era nin moito menos imprescindible para que a institución funcionase.

Terían que pasar 34 anos dende a venda do derradeiro instrumento para que, da man dun mestre, Xosé Sánchez, o Concello de Celanova volvera a contar con outro xerme musical ó abeiro da súa estructura municipal.

Este silencio institucional non foi óbice, sen embargo, para que algúns números mantivesen unha actividade, nalgúns casos incluso criticada, debido fundamentalmente a que as condicións nas que a practicaban non era nin moito menos a máis doada para obter un bo resultado musical.

Así, segundo se recolle no semanario republicano "El Correo de Celanova" que estivo na rúa entre setembro de 1893 e maio de 1895, nas repetidas festas que se celebraron durante esa etapa e nas funcións que organizou o Casino nese mesmo espacio de tempo, sempre había unha orquestra amenizando os bailes e folións.

Neste senso, aínda que non teña una relación extremadamente directa coa banda de música, por ser a primeira vez que se fai referencia a un mestre que logo a faría revivir ó abeiro do Concello, resulta curioso reflexar unha información que "El Correo de Celanova" facía dunha celebración das Marzas no seu exemplar do 4 de marzo de 1894. Tan só por iso e polo carácter de documento que posee, paga a pena xa reproducir na súa totalidade o devandito artigo, que baixo o breve titulo de "Las Marzas", di así:

"La antiquísima y renombrada feria anual conocida con el nombre que sirve de epígrafe a estas lineas, que se celebra en esta villa el día 1 de marzo, con motivo de la festividad de San Rosendo, fundador del suntuoso monasterio benedictino y hoy Patrono de las Escuelas Pías, instaladas en el 68 en el mismo, por coincidir, sin duda, con el mercado semanal y días de explendente sol y temperatura verdaderamente primaveral, estuvo muy concurrida y animada, hasta eI extremo de hacerse muy dificil, en algunos imposible, el tránsito por plazas y calles, viéndose además ocupado por infinidad de personas todos los huecos de las casas y materialmente llenos de gente comercios, tiendas de todas clases y cafés. Era, en verdad, sorprendente el cuadro que ofrecía la espaciosa plaza mayor, especialmente de tres a seis de la tarde.

Por naciente, la primorosa fachada del convento, y sus balcones y ventanas ocupados por los Reverendos Padres y alumnos internos; los del Casino, por socios y multitud de forasteros; y los de las casas de los tres lados restantes, por infinidad de niñas que disputaban al sol su esplendor y sus encantos; y todos revelando en sus semblantes la satisfacción con que observaban el incesante movimiento de las gentes y el placer con que oían la afinada orquesta que, bajo la dirección del maestro Sánchez, ejecutó con perfección varias piezas escogidas de su repertorio.

Por la noche animadísimo baile en los salones del Casino donde permanecieron sin señal de aburrimiento, no ya las pollas y pollos, sinó los papás más fieros y las cariñosas mamás, que no podían ocultar ese quid misterioso que sentán en sus corazones al contemplar la hermosura de sus hijas, la elegancia con que llevaban sus ricos trajes y los obsequios de que eran objeto por parte de los pollos y no pollos. Recordamos entre las de este número a Salesa y Enriqueta Vázquez, María Meleiro, Carmen La Rosa; Mercedes y Maria Porras, Antonia y Carmen Carpintero, Teresa y Benigna Vázquez de Freás de Eiras, Elvira, María, Irene Lola y Luisa Alvarez, Enriqueta Fernandez, Agripina y Gumersinda Villalobos de Orense, Maria Brandón, Elvira Martínez, Jesusa Fernández, Salada y Julia Casais, y tantas otras cuyos nombres sentimos no recordar.

El día 2 por la tarde, la orquesta en la plaza mayor y paseo concurridísimo y muy animado; y por la noche baile de artesanos que, a juzgar por sus resultados, no dirían los forasteros que era de esta clase.

Y el día 3, descanso durante el día y por la noche baile caballeros en los mismos salones, con el mismo gusto y con igual animación.

Con estos tres días de general regocijo, y el folión de la noche del 28 de Febrero en la plaza mayor, la fiesta de las Marzas ofrece un conjunto que merecen nuestros plácemes, que los enviamos muy sinceros, al R. P. Rector por la solemnidad de la función de iglesia, al Ayuntamiento por lo que se hizo fuera de ella, sin incidente alguno desagradable, y a los forasteros, por habernos honrado con su visita, contribuyendo así el mayor esplendor de las fiestas.

Ahora, a meditar y liquidar cuentas, pues el precepto termina y hay que barrer para fuera".

Máis crítico se amosaba o semanario en agosto de 1894, tanto nunha nota aparecida o 19, na que a redacción afirmaba que "nada nuevo hemos encontrado en las fiestas celebradas días pasados en honor a San Roque: la música, las iluminaciones y los fuegos artificiales han estado sobre poco más o menos a la baja altura de siempre", coma noutra aparecida á semana seguinte, na que o corresponsal de Bande informaba sobre o resultado das festas de San Roque desa localidade asegurando que "la Banda de Música de Celanova amenizó las fiestas, por cierto que ha dejado bastante que desear, pero esta vez está perfectamente disculpado si se tiene en cuenta que llevaban cuatro días continuados de fiesta en esta villa, al mismo objeto".

Cabe salientar finalmente que durante esta época de paréntese oficial xogaron un importante papel na comarca as actuacións dunha banda desaparecida e que tiña sede en Verea, así como un colectivo de Bande auspiciado polo dinamizador social daquela vila, Rafael Quintana.                                                  

 

O rexurdimento

Deste xeito chegamos ó ano 1908 e con Xosé Fernández Feijóo ó fronte da alcaldía xermolou un pequeno grupo de 16 amigos que seria os que porían os alicerces da segunda parte da historia da Banda de Celanova.

Tras seis anos de particulares reunións do colectivo renacido e de espontáneas saídas á rúa con non máis apoio có da súa ilusión, o Concello volve a sentir a necesidade de botar mao dos músicos. Con Juan Casais la Rosa como alcalde, e na consciencia do beneficio que ía supoñer para Celanova o mantemento dun grupo musical deste tipo, acorda crear a escola de educandos. Era o ano 1914 e acababa de rexurdir o verdadeiro viveiro da actual Banda Música Municipal de Celanova.

No ano 1920, aquel colectivo que nacera 12 anos atrás da man da iniciativa popular e dun grupo humano que non toleraba que unha vila florecente como Celanova carecera dunha banda musical que si tiñan outras vilas parellas e incluso máis pequenas, como era o caso de Vilanova dos Infantes dentro mesmo do termo municipal, ou de Manchica, na comarca, fundouse a "Sociedade de Amigos da Banda de Música", que tamén aínda hoxe sigue vixente baixo a presidencia de Ernesto Fernández Pérez.

A sociedade de apoio tiña nacido con forza e ó pouco tempo, facéndose así eco da necesidade que asistía á banda para que Celanova puidera sentirse beneficiada co labor cotián do colectivo, un presidente antergo, Xosé Rivero, acompañado do director de aquel intre, Eduardo Pierrá, presentou unha solicitude no Concello, que, de prosperar, a bo seguro que tivera axudado a cambiar substancialmente, ou aló menos en parte, a fisionomía urbana da Praza Maior.

No mes de abril de 1924, sendo alcalde Emilio Rodríguez Fernández e en plena dictadura de Primo de Rivera, o Concello concédelle licencia ós responsables da banda "para la construcción de un palco en la praza de Leda XIII", actual Praza Maior, co gallo de dar concertos durante a temporada do verán.

As condicións que deberían primar para a construcción era taxi só que o palco fose "artístico" e aínda que o responsable da construcción ía ser a banda de música, tería que ser deixado ó dispor do Concello "para utilizarlo en todos aquellos actos, fiestas y conciertos que el mismo autorice".

Este palco, nerbargantes, sen saber a ciencia certa o porqué, xamais sería construído.

O status da Banda

O arelado o titulo de Banda Municipal non chegaría ata entrado a ano 1928, despois de que na xornada de Noiteboa do ano anterior a corporación lle dese curso a un escrito asinado polo presidente da "Sociedad Musical de Celanova" Xosé Rivero, no que ademais de pedirlle & corporación que lle fose concedida a nominación de Banda Municipal de Celanova, aquela destinase os presupostos habilitados pera sufragar os gastos musicais das festas a subvencionar a banda, obrigándoa, en compensación, "a amenizar gratuitamente los festejos públicos y demás actos oficiales que la corporación organice, así como a celebrar conciertos públicos todos los domingos del año que el tiempo u otras circunstancias especiales no lo impidan".

A historia volvía a verse repetida. Naqueles días do Nadal a corporación deixou o tema sobre a mesa, pero nunha comisión permanente celebrada poucos días despois, o 14 de xaneiro de 1928, foron fixadas as bases que regularían o funcionamento do colectivo e que lle daría o "status" definitivo de "BANDA MUNICIPAL", tras 78 anos de "irregular" funcionamento.

Aquelas bases, que xa non liberaban a ninguén do posible cargo de concelleiro, eran recollidas nos seguintes puntos:

  1. Concederlle o titulo de Banda Municipal.

  2. Que, como tal Banda Municipal, tódolos seus individuos, no tocante á corrección de faltas, dependerán directamente do alcalde.

  3. Vestirán traxes decentes e non se permitirá a variación de uniformes entre Individuos que a constitúan. A infracción desta cláusula será castigada con multas que imporá o Presidente.

  4. Concederáselles a subvención seguinte:

    • 500 pesetas unha vez efectuados ou celebrados os festexos das Marzas e sempre e cando estes se celebren.

    • 500 pesetas ó rematar as festas do San Roque que organice o Concello

  5. A devandita Banda estará composta, cando menos, de vinte prazas, amenizará gratuitamente as festas das Marzas e do San Roque e mesmo aquelas que o Concello efectuara noutras datas, e como tal Banda Municipal, acompañará gratuitamente os actos oficiais que pola corporación fosen organizados, e, por último, dará concertos públicos tódolos domingos do ano cando contratos de outras festas non llo impidan.

  6. Esta subvención, e mesmo as demais cláusulas poderán quedar sen efecto cando así o acorde a Comisión Municipal Permanente por causa xustificada".

 

Con tal contrato dábase por nacida definitivamente a Banda Municipal de Celanova e con esta condición fixo a súa primeira saída á capital para acompañar musicalmente a visita que o Dictador Primo de Rivera fixera a Ourense por aqueles días.

Era director da mesma naquela época, Don Xosé Pena.

Cabe salientar que algúns puntos dos que foron fixados naquelas bases aínda hoxe están en vixencia na relación que manteñen o Concello e maila banda, xa que logo, tanto na data do 1 de marzo como no día do San Roque sigue a actuar en resposta á asignación que lle outorga anualmente a corporación. Unha asignación que, logo do tempo transcorrido, loxicamente tense visto sensiblemente incrementada ata 1.200.000 pesetas concedidas no ano 1992.

A raíz da municipalización acórdase tamén crear a escola da música do Concello, nomeando unha comisión formada por Sergio Montes e Alfonso Regueiro, que seria a encargada de redactar as bases que a sosterían.

Esta escola créase definitivamente no mes de setembro de 1929, aprobando un salario anual para o director da mesma, de 2.000 partas.

En febreiro de 1930 sácase a concurso de forma oficial a praza de mestre de música, que chegaría a estar equiparada posteriormente, segundo a lexislación local, a unha praza do corpo nacional de funcionarios. O seu primeiro propietario foi "el vecino de esta villa y director en la actualidad de la Banda Municipal, Anastasio Hernández Andueza".

Anastasio Hernández bota catro anos ininterrompidos ó fronte do colectivo e da escola. Sen embargo, a finais de 1934, despois de manifestar o seu desacordo coa corporación, que estaba presidida de forma provisional polo Primeiro Tenente Alcalde, Alberto Moreiras, porque non se lle pagaba puntualmente, acaba por solicitar unha excedencia por cinco anos, pasando a cubrir a vacante de forma Interina en ámbolos dous postos, doa Luís Berney.

Esta relación tan directa entre o director da banda e o Concello deixaría de existir co tempo, pois tal calidade de funcionario resultáballe unha carga difícil de soportar á institución municipal. En realidade o único que a ostentaría en propiedade seria Anastasío Hernández.

A partires da época de Luís Berney, Faustino Pulpeiro, Jesús Vázquez, Antonio Domínguez, Eulogio Masid, José Zoldo, Antonio Cuevas, Miguel de Santiago, Alfonso Salvatierra, Alejandro del Rio, Arsenio Alonso Araujo e José Zaldo García na actualidad, forman unha longa lista de directores que foron testemuñas privilexiadas dos grandes e pequenos momentos da Banda de Celanova. A anos de dificultades sucedéronlle outros de grandes éxitos, non só polo territorio galego, onde ten un prestixio e un peso especifico propio, senón en todo o Estado Español e mesmo no veciño pais, Portugal, e a semá de en Venezuela.

A historia da Banda Municipal de Celanova non quedaría, sen embargo, rematada se ó pé destes homes non reflectiramos os de aqueles que foron ostentando ano tras ano, o cargo de presidente da Asociación de Amigos da mesma.

Nomes coma os de Delfín González, Julio Carrazoni, Julio Álvarez, Ricardo Soto, Manuel Fernández e hoxe en día, Julio Rodríguez Anta, foron os que seguiron o traballo que con tanto esmero tiña creado, alá cando se dispuña a rematar o primeiro tercio do século, José Rivero. Sen eles, hoxe é seguro que a banda non sería a mesma.

Da man de todos estes homes, os éxitos afortunadamente téñense contado con grande frecuencia. A importantes premios acadados en certames musicais tan prestixiosos coma os que se celebraban en Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, onde acadou galardóns respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976, hai que lle engadir brillantes actuacións nun sinfín de lugares de todo o Estado, así como excelentes intervencións nas diversas televisións do pais.

Hai que destacar finalmente a víase realizada polo colectivo a Venezuela, sendo alcalde de Celanova Gregorio Álvarez Medela, director da Banda, Alfonso Salvatierra e presidente da Asociación de Amigos, Manuel Fernández Pérez. Con motivo dun convite realizado pola Irmandade galega de Caracas, aínda son moitos hoxe os que lembran con saudade aquela quincena do mes de outubro de 1983 na que Celanova e a colectividade galega de Venezuela se deron a man por medio das agarimosas notas da Banda Municipal.

Ademais desta viaxe que, sen dúbida algunha, marcou un fito na historia da Banda, o colectivo realizou outros importantes desprazamentos a moi diversos puntos da xeografía española, así como a Portugal, destacando especialmente os realizados a Rubi, co gallo da sinatura do irmanamento entre esta cidade catalana e Celanova no ano 1985. A Valencia, a onde asistiu convidada polo colectivo falleiro do barrio de Benicarló para participar nas Fallas de 1986, ou ó longo de varios anos a Zamora, asistindo á principal procesión, a da madrugada do Venres Santo, da afamada Semana Santa desa cidade castelá.

Na actualidade ten gravados 4 discos e un disco compacto, amarrándose así ó carro da modernidade e da calidade de divulgación da música de todo Galicia,cunha directiva que preside Julio Rodríguez Anta, con Cesáreo Iglesias Grande de secretario, Arsenio Pérez Carrazoni, de Tesoureiro e Emilio Pérez Feijóo, Emilio Pérez Enríquez "Roque", Juan Rodicio Nogueiras e Juan Rodriguez Bernárdez en calidade de vocais.

Pero isto é xa historia de vivos e, como tal, para a súa consulta ben vale unha hemeroteca ou a simple conversa con algún dos seus protagonistas. Por iso é polo que os últimos 60 anos teñen un paso case fuxidío neste municipal relatorio de feitos.

Non se trata, pois, de desmerecer a ninguén por non ter unha atención tan repousada coa época que a eles lles tocou vivir. Nin moito menos de pretender dotar de meirande importancia a aqueles que tiveron o afán de aventureiros musicais nunha etapa histórica na que os mais pequenos pobos chegaron a contar con este tipo de atraccións, pois as festas e folións eran moitas e alguén tiña que haber para aledar musicalmente as funcións.

Trátase simplemente de botarlle unha raiola de luz a uns datos que estaban acochados entre o pó do arquivo municipal e que ó meu criterio resultan vitais para poder coñecer un pouco mellor iso que algúns teñen dado en chamar a intrahistoria dos pobos, que non e máis nin menos que a historia da xente sinxela.

Neste senso, e xa que historia se fai camiñando, a min, como celanovés, práceme o orgullo de poder contar unha parte dese camiño e de poder autodefinirme tal con arrogancia cada vez que oio falar da Banda Municipal de Celanova, porque sei, e non é tópico, que están a falar dun dos nomes preferenciais dentro do mais de medio cento de bandas populares que camiñan hoxe por Galicia.                                                                                                                                             

 

Directores da Banda

Manuel Chamuchín.................................................1850 – 1853

Genaro Durán.........................................................1853 -1855

Higinio Gíl..............................................................1857 – 1861

Manuel Sánchez.....................................................1863 – 1870

Manuel Asensio......................................................1870 – 1871

Sen actividade municipal coñecida..........................1872 – 1894

José Sánchez ?......................................................1894 – 1908

José Sánchez.........................................................1908 – 1920

Eduardo Pierrá.......................................................1920 – 1928

José Pena...............................................................1928 – 1929

Anastasio Hernandez.............................................1929 – 1934

Luis Berney............................................................1934 -1940?

Baristain ................................................................1940 -1944?

Faustino Pulpeiro....................................................1944 – 1952

José Fariñas............................................................1952 -1956?

Jesus Vázquez........................................................1956 -1962?

Antonio Dominguez................................................1962 – 1966

Eulogio Lopez Masid..............................................1966 – 1968

José Zaldo García...................................................1968 – 1973

Antonio Cuevas.......................................................1973 – 1976

Miguel de Santiago.................................................1976 – 1978

Javier Gargallo........................................................1978 – 1979

Miguel de Santiago.................................................1979 – 1980

Alfonso Salvatierra..................................................1980 – 1985

Alejandro del Río.....................................................1985 – 1988

Arsenio Alonso Araujo............................................1988 – 1994

José Zaldo García...................................................1994 - HOXE

Está aquí: Inicio > A Banda > Historia