Xa está dispoñible o boletín nº6 da Verba dos Xingreiros correspondente ó mes de abril. Pronto estará repartido por Celanova e dispoñible de xeito instantáneo no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1PND9m1Fuc_DGLukUeVSX0B03BrUGpR6S/view?usp=sharing
Neste segundo boletín de 2021 podedes atopar unha entrevista a Manuel Alejandro (Manolo) que empezou tocando con nós a percusión e a tuba e agora é o director da Banda de Zamora e un recoñecido compositor. Xunto a el levaremos a cabo un proxecto relacionado coa música e a literatura de Manuel Curros Enríquez. Jorge fálanos mais sobre o proxecto neste número do boletín.
Ademais, atoparedes a experiencia coa música de Brais Fontán, o trombonista mais noviño; así como o retorno ás clases no instituto e o colexio de Olalla e Zaira. Unha caricatura molona feita por Fer, a fotografía dos nosos percusionistas e as novas da EMBC que fai pouco tivo audicións online.
Podedes escoitar as audicións de marzo da EMBC no seguinte enlace por si volo perdistes: https://youtu.be/e_SeUrfwIiE
Coidádevos moito e sede cautos, non podemos baixar a guardia nestes momentos tan delicados. Saúde!