Xa está dispoñible para a descarga o boletín nº3 A verba dos xingreiros que podedes descargar de xeito gratuito dende a seguinte ligazón e que ademais estará en formato físico polos bares e comercios da vila.
Novembro é un mes moi especial para a música xa que é o mes no que se celebra a Santa Cecilia (patroa dos músicos) no artigo da portada, escrito por Mónica Fernández, podes ler mais sobre iste tema. Neste número 3 do boletín atoparás tamén unhas entrevistas ás irmáns que mais tempo levan na banda, Jessica, Maite e Ana, ademais duns pasatempos musicais, novas sobre a Escola de música e moito mais!!!