Despois do parón por mor do Covid19 a Banda de Música retoma a súa actividade. E que mellor maneira de tentar voltar á normalidade que facendo unha homenaxe ós usuarios/as e traballadores/as da Residencia San Carlos de Celanova.
Así foi a nosa primeira actuación despois do confinamento, un día cheo de ovacións, emotividade e lembranza dos que xa non están.
Logo percorrimos as rúas principais de Celanova tentando animar ós veciños e veciñas da mellor maneira posible. Tampouco foi sinxelo para nos, despois de tres meses sen xuntarnos para tocar e cas novas medidas sanitarias todo resultaba novo ó que ir adaptándose pouco a pouco...