Vídeo relacionado

Lunes, 26 April 2021 16:37

Ensaio aberto con J. Alberto Pina


Reseña - La Voz de Galicia


O xornal "La Voz de Galicia" publicou este domingo unha reseña sobre o ensaio aberto que a Banda de Celanova celebrou no pabellón municipal das Trigueirizas co compositor e director J. Alberto Pina, cuxa obra titulada "La Leyenda de Maracaibo" foi a gran protagonista da tarde. Tés acceso á noticia enteira neste enlace ou na parte inferior desta publicación.


Martes, 30 March 2021 16:38

Boletín nº6 abril 2021

Xa está dispoñible o boletín nº6 da Verba dos Xingreiros correspondente ó mes de abril. Pronto estará repartido por Celanova e dispoñible de xeito instantáneo no seguinte enlace: 

https://drive.google.com/file/d/1PND9m1Fuc_DGLukUeVSX0B03BrUGpR6S/view?usp=sharing

Neste segundo boletín de 2021 podedes atopar unha entrevista a Manuel Alejandro (Manolo) que empezou tocando con nós a percusión e a tuba e agora é o director da Banda de Zamora e un recoñecido compositor. Xunto a el levaremos a cabo un proxecto relacionado coa música e a literatura de Manuel Curros Enríquez. Jorge fálanos mais sobre o proxecto neste número do boletín.

Ademais, atoparedes a experiencia coa música de Brais Fontán, o trombonista mais noviño; así como o retorno ás clases no instituto e o colexio de Olalla e Zaira. Unha caricatura molona feita por Fer, a fotografía dos nosos percusionistas e as novas da EMBC que fai pouco tivo audicións online. 

Podedes escoitar as audicións de marzo da EMBC no seguinte enlace por si volo perdistes: https://youtu.be/e_SeUrfwIiE

Coidádevos moito e sede cautos, non podemos baixar a guardia nestes momentos tan delicados. Saúde! 

 

Jueves, 14 January 2021 15:12

Boletín nº5 xaneiro 2021

Xa está dispoñible o boletín nº5 da Verba dos Xingreiros correspondente ó mes en curso. Pronto estará repartido por Celanova e dispoñible de xeito instantáneo no seguinte enlace: 

https://drive.google.com/file/d/1MMsL4pdFUpdtlfIjbG14rQnIuGtbTLpc/view?usp=sharing

Neste primer boletín de 2021 podedes atopar unha entrevista moi especial, a un dos compoñentes da banda que mais anos leva con nós: o Juan do trombón. Unha caricatura feita por Fer do polifácetico Jorge, pasatempos, algunha que outra curiosidade, foto antiga e novidades sobre a banda e a escola de música, entre outros.

Podedes escoitar as audicións do nadal da EMBC no seguinte enlace por si volo perdistes: https://youtube.com/playlist?list=PLw4EDu3HRmajiTnknZYK4do0R__JLyNSw

Coidádevos moito e sede cautos, non podemos baixar a guardia nestes momentos tan delicados. Saúde! 

Jueves, 03 December 2020 17:29

Boletín nº4 decembro 2020

Xa podedes descargar o boletín nº4 da Verba dos Xingreiros dende o seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1kGKCAIXdZkXDaepfZ1Ktj67bLR0uHt0p/view?usp=sharing

Neste boletín, o último do ano 2020, Miguel Pérez, o noso director, fai un repaso á todo o ano con todas as actuacións e ensaios que levamos a cabo durante o verán dentro desta complicada situación que estamos a vivir. A EMBC mostra o ben que o pasaron no Samaín en novembro. Ademais, encontraredes entrevistas a Zaira e Olalla, un artigo sobre música e saúde de Lucía Rodríguez Casal, novas sobre a banda de música e o que está a preparar, pasatempos e curiosidades, e como non, a caricatura do mes adicada ó mestre de saxofon, Varela (gracias Fer!) 

Non o perdades!!! 

Neste número presentamos tamén ós nosos/as trompas: Juan Diego, Lucía, Elena, David e Víctor

Miércoles, 04 November 2020 11:59

Boletín nº3 novembro 2020

Xa está dispoñible para a descarga o boletín nº3 A verba dos xingreiros que podedes descargar de xeito gratuito dende a seguinte ligazón e que ademais estará en formato físico polos bares e comercios da vila.

DESCARGA

Novembro é un mes moi especial para a música xa que é o mes no que se celebra a Santa Cecilia (patroa dos músicos) no artigo da portada, escrito por Mónica Fernández, podes ler mais sobre iste tema. Neste número 3 do boletín atoparás tamén unhas entrevistas ás irmáns que mais tempo levan na banda, Jessica, Maite e Ana, ademais duns pasatempos musicais, novas sobre a Escola de música e moito mais!!! 

 

Viernes, 02 October 2020 17:11

Boletíns A verba dos Xingreiros

A banda xa ten boletín propio! Dende o pasado mes de setembro os veciños e veciñas de Celanova xa poden disfrutar do Boletín informativo da Banda de Música de Celanova, repartido de xeito gratuito por todos os lugares do pobo. Ademais queremos que a xente seguidora da banda, que non está en Celanova poida disfrutar tamén deste boletín feito con moito agarimo. Nel podedes encontrar novas da Escola de Música, historia da Banda, pasatempos, entrevistas ós compoñentes da banda e moito mais!

Para que non o perdades, iremolo subindo á rede segundo vaia estando dispoñible. É moi sinxelo, so tes que premer no enlace e descargalo en formato PDF tanto no teu movil como no ordenador. 

Descarga os boletíns  a través dos seguintes enlaces:

BOLETÍN Nº1 SETEMBRO 2020 -- > https://drive.google.com/file/d/1k_OhwVL8V1snfgya4RyS6OcNU5hksWhb/view?usp=sharing

BOLETÍN Nº 2 OUTUBRO 2020 --> https://drive.google.com/file/d/1eYNKiFeK3pZ2z6gYCLZ_u6e511E_NokV/view?usp=sharing

BOLETÍN Nº 3 NOVEMBRO 2020--> https://drive.google.com/file/d/18iN8iAl_GT5dcPhIdjo5XCJxUWFjGro_/view

BOLETÍN Nº 4 DECEMBRO 2020 --> https://drive.google.com/file/d/1kGKCAIXdZkXDaepfZ1Ktj67bLR0uHt0p/view?usp=sharing

 

Despois do parón por mor do Covid19 a Banda de Música retoma a súa actividade. E que mellor maneira de tentar voltar á normalidade que facendo unha homenaxe ós usuarios/as e traballadores/as da Residencia San Carlos de Celanova. 

Así foi a nosa primeira actuación despois do confinamento, un día cheo de ovacións, emotividade e lembranza dos que xa non están.

Logo percorrimos as rúas principais de Celanova tentando animar ós veciños e veciñas da mellor maneira posible. Tampouco foi sinxelo para nos, despois de tres meses sen xuntarnos para tocar e cas novas medidas sanitarias todo resultaba novo ó que ir adaptándose pouco a pouco...

Está aquí: Inicio > Actualidade > Novas