Vinaora Nivo SliderVinaora Nivo SliderVinaora Nivo Slider

 
 

Eventos

  • Convocatoria Asemblea Xeral

    CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL


    Asociación de Amigos da Banda de Música de Celanova


    Por orde do Sr. Presidente, convócase a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Asociación de amigos da Banda de Música, conforme ao que sinalan os estatutos e dentro do marco legal vixente pola COVID-19, segundo o establecido no DOG 52-bis de 17 de marzo de 2021, para o vindeiro venres 30 de abril de 2021 ás 20:00 en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria , nas instalacións do Auditorio Municipal Ilduara de Celanova.


    O secretario, a 13 de abril de 2021.

  • Fanfarria Navideña | Vento metal | 27/12/2020

  • MASTERCLASS POR ALEJANDRO VÁZQUEZ

    Os días 26 e 27 de decembro terá lugar na Escola de Música Banda de Celanova unha masterclass impartida polo mestre Alejandro Vázquez, enfocado especialmente á alumnado entre 2º de G.E e 2º de G.P ou equivalente.

     

    Tipos de matrícula e pagamento

    Alumnado activo (50€): poderá asistir a todas as sesións colectivas e disporá de 30 min de clase individual
    Alumnado oínte (30€): poderá asistir como activo ás sesións colectivas e como oínte ás sesión individuais

    Preinscipción e matrícula

    A preinscripción pódese realizar no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeaK8svbT8ofqhdW0IAoqY0ASGJNQbIb0wzGTOMXuD6DrQY0Q/viewform?usp=sf_link

    Unha vez realizada a preinscripción, confirmarase a matrícula por correo electrónico, no que tamén se indicarán os datos da conta e instruccións para realizar a transferencia. A admisión está suxeita á dispoñibilidade de prazas e realizarase por riguroso orde de inscripción. Os alumnos que superen este número quedarán en lista de agarda ou poderán cambiar a modalidade de matrícula no caso de que aínda existan vacantes na outra modalidade, mantendo a prioridade sobre os que se matriculen con data posterior.

    Información adicional

    Para máis información, pode contactar connosco no correo electrónico  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

     

    Planificación do curso


    Sábado 26 de decembro

    - 10:00 - 14:00: Quecemento, técnica conxunta e individuais
    - 14:00 - 16:00: Comida (incluída no prezo para tod@s os alumn@s, tanto activos coma oíntes)
    - 16:00 - 19:00: Quecemento e individuais

    Domingo 27 de decembro

    - 10:00 - 14:00: Quecemento, individuais, ensemble e entrega de diplomas

    Alejandro Vázquez-Trompeta

    Ourense, 1986. Comeza coa trompeta da man de seu tío Eligio e pronto recibe clases con John Aigi Hurn. Estudou no conservatorio de Ourense e na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia con Javier Simó. Cursou estudos superiores en Musikene co profesor Luís González e realizou un máster no Conservatorio de Ámsterdam con Frits Damrow.

    Pertenceu a diversas orquestras xoves como ONSG, JONDE e NJO entre outras. Colaborou coas orquestras Ciudad de Granada, Sinfónica de Castilla y León, Sifónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, Sinfónica de Euskadi, Juvenil Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica de Porto Casa da Música (Portugal), Filarmónica de Jalisco (México), Royal Concertgebouw (Holanda) ou Hong Kong Phiharmonic realizando gravacións e xiras por salas coma o Konzerthaus e Berliner Philharmonie, Concertgebouw de Ámsterdam, o Musikverein de Viena, Cologne Philharmony, Carnegie Hall de Nova Iorque, Suntory Hall de Tokyo, Barbican Centre de Londres, no Acrópolis de Atenas, … con directores da talla de Gustavo Dudamel, Mariss Janson, Daniele Gatti, Fruhbeck de Burgos, Jaap Van Zweden, etc.

    Na música de cámara destacan diversas actuación co Simón Bolívar Brass Ensemble baixo a batuta de Thomas Clamour, co grupo de metais da Royal Concertgebouw, co quinteto de Coruña Brass, co Trumpet Ensemble de Ámsterdam, co grupo instrumental Siglo XX, con Vertixe Sonora ou o TAC, interpretando música de diversos estilos.

    Como docente, impartiu clases nos conservatorios de Celanova e A Coruña, foi educador no proxecto ReSuena e realizou cursos en Valencia, Xixón, Ponferrada, Foz, Cedeira, Viveiro, Meaño, Vilatuxe, Pontedeume e Lalín. Ademais, foi invitado pola JONDE como profesor de trompeta en encontros realizados en Costa Rica e Venezuela.

    Actualmente é membro de Hércules Brass, profesor no Conservatorio de Verín, director da Banda de Música Santiago de Arteixo e colaborador frecuente na Sinfónica de Galicia.

     

     

  • Santa Cecilia: unha celebración cun valor cultural e simbólico

    Novembro é un mes moi especial para a música. O 22 de novembro ten lugar a festividade da patroa dos músicos: Santa Cecilia. Foi unha nobre nacida en Roma nunha data descoñecida, que se converteu o cristianismo, martirizada pola súa fe e torturada ata morrer no século III. No 1594 o papa Gregorio XIII nomeouna patroa dos músicos porque «mostrou unha atracción irresistible polos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixonado por ese arte converteu o seu nome no símbolo da música». O motivo real polo que foi nomeada así é difuso e incerto. Algúns apuntan a unha mala tradución das «Actas do Martirio de Santa Cecilia» aparecidas no século V onde a palabra organis tradúcese como «instrumentos musicais» cando en realidade facía referencia a instrumentos de tortura. Outra teoría di que seguramente desde xove tivo que iniciarse nalgún instrumento musical como a cítara ou a arpa tal e como ditaban as costumes romanas da época e por iso era representada tocando ou con partituras ó carón. Sexa como sexa, a celebración de Santa Cecilia por parte dos músicos, bandas e agrupacións é moi común en todo o mundo, especialmente en Europa.

     

    Que eu recorde a banda de Celanova festexa este día dende fai moitos anos. Si o 22 de novembro non coincide en domingo esperarase ó seguinte ou será o anterior, para que poidan asistir á celebración ó maior número de persoas posible e así poder compartir este día único e memorable. Co paso do tempo a maneira de festexar o día da nosa patroa foi cambiando segundo o facían directivas, directores e demais, permanecendo iso si, a tríade imprescindible: comida, música e convivencia. Ademais de conmemorar ó día da patroa con música, pasacalles, misa canta e concerto de rigor, é tamén unha oportunidade de ouro que nos permite reunirnos cos socios e amigos da banda que chegan de todas partes de Galicia e o mundo enteiro para compartir música, mesa e alegría.

     

    Mais alá de ese valor cultural que se mostra á vista de todos, existe tamén unha parte non tan sinxela de apreciar a simple vista e que vive dentro dos músicos, tanto dos que están como dos que nalgún momento estiveron na banda. Dunha maneira simbólica o día da celebración da Santa Cecilia significa tamén o fin da tempada do ano en curso. O verán rematou fai uns meses e tras comezar de novo en outubro as preparacións de cara a nova tempada, chega a época de descanso (Nadal). Polo que en novembro despedímonos de algunha maneira dise ano e dos recordos creados, festas, viaxes, fatiga, ensaios, bos e malos momentos, risas e bágoas. Ademais dise valor simbólico de fin de etapa, tamén é un día de lembranza, a celebración vai tamén por todos aqueles músicos que xa non están entre nos e que seguro festexan con nos alá onde estean. Neste día volvemos a atoparnos con antigos músicos que nos visitan e brindamos con eles como si nunca se foran recordando vellos tempos e contando milleiros de anécdotas que ben merecían un libro que as recollera (ou dous).

     

    Este ano, cheo de incerteza para todos, non podemos celebrar a nosa patroa, nin musicalmente nin reuníndonos con todos os socios e amigos da banda. As medidas sanitarias non nos permiten celebrar este día como nos gustaría. Esta crise sanitaria que afecta ó mundo enteiro, ataca a moitos niveis, non so como enfermidade senón como crise social, económica e tamén cultural. A actividade das bandas viuse reducida coa desaparición de case todas as festas e verbenas, as restricións de mobilidade e de reunión limitan a nosa función. Non queda outra que ter moita paciencia e polo ben de todos, debemos seguir as recomendacións e resistir, como di a canción. Será o primeiro ano que non se celebre a Santa Cecilia da maneira que se viña facendo, algo mais para engadir á historia da banda de Celanova e os seus 170 anos de vida.

     

    Pode que o paso do tempo e as circunstancias actuais cambien a celebración, pero o espírito de sempre debe permanecer. O final dun ano e o comezo de outro. Esperemos que mais próspero en todos os sentidos.

    Mónica Fernández

  • Concerto PEQUENOS GRANDES SOLISTAS 02/08/2020

    Recordo do concerto PEQUENOS GRANDES SOLISTAS do pasado día 02 de agosto de 2020. 

    Interpretando no Claustro Barroco de Celanova "Concerto de Aranjuez" de Joaquín Rodrigo (arreglo Bolton). Solita fliscorno: Fernando Rodríguez Martínez

     

Está aquí: Inicio